O boletín oficial da provincia nº 162 do sábado 14 de xullo de 2007 recolle o anuncio da contratación da xestión da nova escola infantil municipa que se ubica no barrio de A Gándara desta localidade de Narón.
Trátase da terceira escola infantil posta en marcha polo Concello. Primeiramente púxose en funcionamento a escola infantil de A Solaina. Posteriormente abreuse o centro educativo da parroquia de Piñeiros e na actualidade están a rematar as tarefas de construcción e amoblamento desa terceira instalación municipal que ven a dar resposta ás necesidades e esixencias que a sociedade naronesa demanda, co fin último de axudar a compatibilizar a vida familiar coa laboral.
O período desa xestión fíxase en catro anos; espazo temporal que coincide co que resta da xestión por concesión administrativa das outras dúas garderías que funcionan no noso termo municipal e co fin de unificar os prazos e as formas administrativas de xestión nun futuro cercano.
A inauguración deste centro terá lugar co inicio do vindeiro curso escolar, unha vez rematen as obras e se obteña a pertinente autorización da Xunta de Galicia.