Organizada pola Asociación 'Memoria Histórica Democrática' en colaboración co Concello de Narón.
Narón, 15 de abril de 2013.- O Pazo da Cultura de Narón acolle ata o vindeiro sábado 20 de abril a exposición "Galegos en Mauthausen" promovida pola Asociación Memoria Histórica Democrática, en colaboración co Concello de Narón. Nesta mostra fotográfica recóllese a vida dos galegos neste campo de concentración nazi.
O horario para visitar a exposición é o seguinte: de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 22:00 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.