O Concello de Narón xa conta co proxecto definitivo das obras de construcción dunha piscina recreativa e terapéutica que se ubicará nun anexo do actual pavillón polideportivo municipal de A Gándara.
O consistorio, sensible ás necesidades dos nosos maiores e sectores poboacionais necesitados dunha especial atención, ten prevista a contratación nestes días dun concurso público para a construcción dunha piscina terapéutica no barrio máis populoso da nosa cidade. O importe total desta actuación é de 195.933,94 euros.
A nova instaláción executarase nun anexo engadido ás actuais instalacións, accedéndose á mesma pola piscina actual e compartindo os vestiarios existentes na actualidade.
Non obstante, dado o incesante incremento dos usuarios destas instalacións, estase a estudiar unha reforma en profundidade dos vestiarios co fin de adaptalos ás necesidades e esixencias do seu uso actual.