A VI FEIRA DA MAQUINARIA AGRÍCOLA E MULTISECTORIAL CELÉBRASE OS DÍAS 11 E 12 DE ABRIL NO RECINTO FEIRAL DO TRECE
Está prevista a presenza de 38 expositores neste evento, con entrada de balde. Tamén haberá unha zona exterior con xoguetes agrícolas.
Narón, 7 de Abril de 2015.- A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe a VI Feira da Maquinaria Agrícola, Xardinería, Horta e Árbores Froiteiras, Ornamentais e Multisectorial, que se celebrará os días 11 e 12 de abril no Recinto Feiral do Trece.
Está confirmada a participación de 38 expositores nesta feira adicada á agricultura, ó campo e ó seu estilo de vida, nos seguintes sectores:
Agrícola
-Maquinaria pesada: tractores e outras máquinas profesionais.
-Maquinaria de xardín: para os que necesitan maquinaria pequena para o cuidado da súa finca (cortacésped, motosoerra…)
-Prantas: tanto para a horta coma ornamentais.
-Venta de polos vivos e pienso para animais.
-Limpeza de montes e fincas.
Alimentación
-Produtos tradicionais (pan, embutidos, froitas e verduras, vinos e licores…)
-Produtos de moda (ajo negro, herbas…)
-Produtos ecolóxicos (améndoas, chocolate e rosquillas)
Artesanía
-Vidro soprado e cestería.
-Artesanía moderna: patchword, artesanía india, punto de bebé feito a man, complementos…
Outras empresas
-Seguros agrícolas (seguros de granxas, tractores e casas rurais)
-Vehículos todo terreno
Nesta edición da Feira Agrícola, incorpóranse dúas novidades. Por un lado, haberá unha zona de 300 m2 adicada a xoguetes agrícolas tales como granxas de madeira en miniatura ou tractores pequenos (nos que os nenos se poderán montar). Ademáis, tanto o sábado coma o domingo se desenvolverá (ás 12:00 e ás 17:00 horas) a actividade “Creamos un mini-huerto” na que se trasplantarán brotes de pementos, leitugas, cebolas… a un pequeno horto que se acondicionará con contenedores reciclados. Así os pequenos da casa aprenderán de onde veñen as verduras que comen e cómo se cultivan, e ó mesmo tempo se lles inculcará a cultura do reciclaxe e o cuidado do medio natural.
Para finalizar, o domingo haberá sesión vermut ás 13:00 horas na carpa-bar que se acondicionará na explanada situada fronte á nave principal.