Escolares do CRA de Narón e do CEIP Ponte de Xuvia colaboraron co Concello de Narón e coa asociación xuvenil Croio nesta iniciativa de carácter lúdico e medioambiental.
Narón, 13 de Abril de 2015.- O Concello de Narón, en colaboración coa asociación xuvenil Croio, promoveu o pasado sábado día 11 de abril unha plantación de árbores ó longo do paseo marítimo de Xuvia.
Esta actividade forma parte do convenio de colaboración que manteñen ambas partes, e na mesma participaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, membros de Croio e alumnos/as do CRA de Domirón (de 3º de Infantil) e do CEIP Ponte de Xuvia (de 5º de Primaria).
En total, foron plantados 102 árbores das seguintes especies:
-Liquidambar.
-Bidueiros.
-Serbal de los cazadores.
-Castiñeiros.
-Carballos.
-Loureiro portugués.
-Callistemo.
-Magnolias (de flor e grandifloras).
Logo de finalizar a plantación, os participantes reuníronse entorno ó Magnolio centenario de Xuvia para inmortalizar o momento.