Os representantes da asociación conversaron co rexedor local, que estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e a edil de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 18 de novembro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado pola primeira tenente de alcalde da cidade, Marián Ferreiro, e a Concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García, recibiu no seu despacho á nova directiva da AVV Ceibe de San Xiao. María Luisa Filgueiras é a nova presidenta da citada entidade veciñal, cuxa vicepresidencia ostenta Luis Doce e con Santiago Hermida como secretario, Evaristo Hermida como tesoureiro e Carmen Bellas e Reme Casas entre as vogais.
Os integrantes da asociación conversaron animadamente cos representantes do goberno local sobre diferentes asuntos relacionados coa parroquia de San Xiao. Pola súa parte, o alcalde e as concelleiras naronesas felicitaron á nova directiva e animárona a continuar traballando na parroquia como o viñeron facendo ata o de agora os seus veciños e veciñas, obxectivo este para o que ofreceron toda a posible colaboración a prestar desde o Concello de Narón.