Carmen Pérez Pais acudiu acompañada de Pedro López Gómez, profesor titular especialista en Arquivística
A Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González, e o responsable do Arquivo Municipal, Andrés Pena, recibiron á Vicedecana da Facultade de Humanidades, Carmen Pérez Pais, e ao profesor titular da mesma facultade, Pedro López Gómez, especialista en Arquivística, nunha visita motivada polo fin das obras de compactación do arquivo municipal.
A actuación consistiu na instalación dun sistema de armarios móbiles a través de raíl, que permitirá contar con 1.500 metros lineais de baldas por cada 100 metros cadrados, solucionando de xeito instantáneo o problema de espazo do arquivo municipal, e garantindo o crecemento do mesmo durante os vindeiros anos. Esta actuación se completará no futuro coa colocación dun novo sistema de iluminación e a creación dunha zona de consulta de expedientes e documentación.
Paloma Cuevas informou ós profesores das actividades que se están a desenvolver no Concello en relación á documentación, como o proxecto de conformación do arquivo histórico de fotografías na páxina web www.arquinaron.es, a integración da faceta histórica nas charlas de educación viaria ou o próximo proxecto de dixitalización que ten previsto implantar no Concello ao longo do vindeiro ano 2009. A Edila popular trasladoulles tamén a necesidade de persoal para encarar esta dixitalización e as numerosas tarefas que estanse a levar a cabo no arquivo.
Carmen Pérez Pais e Pedro López Gómez valoraron o esforzo do Concello e felicitárono por estarse a converter no exemplo a seguir por outros concellos da Comarca na adaptación á modernidade.