A CONCELLERÍA DE MOCIDADE ESTREA PÁXINA WEB CON INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A XUVENTUDE
O enderezo é o seguinte: www.dameuntoke.eu
Narón, 5 de Xuño de 2009.- A Concellería de Mocidade, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de presentar a primeira páxina web específica para os mozos/as de Narón. Trátase dun espazo “cercano e amigable, onde pode atoparse información de interese para os mozos/as de xeito resumido e cun acceso fácil e rápido”. Esta é a dirección: http://www.dameuntoke.eu
A nova web da Concellería de Mocidade estructúrase nas seguintes seccións: emprego, educación, ocio, saúde, vivenda, novas de Narón, e medio ambiente. Tamén permite ós usuarios establecer contacto coa Concellería, a través dun buzón de suxestións. Trátase dunha primeira fase de contacto coa mocidade, á que se pretende manter informada sobre as actividades e recursos disponibles para os mozos/as de Narón. “Queremos que siga medrando e aportar máis contidos e seccións, pero o máis importante é que os xóvenes síntanse identificados coa súa información”, sinalou a edil.
Para promocionar entre a xuventude esta nova canle de comunicación –que máis adiante incluirá tamén outros instrumentos de participación coma os foros e servizos on-line-, a Concellería de Mocidade repartirá pegatiñas co enderezo web nos institutos de Narón. Tamén se aproveitará a celebración do Encontro da Mocidade, no día de mañá no Pavillón da Mocidade de A Gándara, para dar a coñecer este novo sitio de Internet.