Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PUBLICOU AS LISTAXES DEFINITIVAS DE MENORES ADMITIDOS NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A edil de Ensino, Olga Ameneiro, recordou que os datos se poden consultar a través da web naron.gal
Narón, 24 de maio de 2024. A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, anunciou a publicación na web municipal das listaxes definitivas dos menores admitidos nas tres Escolas Infantís Municipais para o curso 2024-2025. As persoas que desexen consultar esa listaxe poden facelo a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/. No caso dos menores nados en no ano 2024 resultaron admitidos 18, dos que 8 solicitudes son para Piñeiros e as 10 restantes para A Solaina. Dos 14 menores nados en 2023 que demandaron praza un total de 5 irán ao centro da Solaina, 2 a Piñeiros e 4 á Gándara, se ben tres quedaron sen a praza solicitada. Finalmente, dos nados no 2022 obtiveron praza os 19 solicitantes, dos que 7 irán para a escola infantil municipal da Gándara; 8 para a da Solaina e os 4 restantes para a de Piñeiros. Ameneiro explicou, en referencia ás novas incorporacións de cara ao vindeiro curso, que dende os propios centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros se porán en contacto con cada unha das familias para proceder a formalizar a matrícula do vindeiro curso.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal