Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA "VÉMONOS" DIRIXIDO Á MOCIDADE
O edil de Mocidade, Ibán Santalla, recordou que a iniciativa se dirixe a menores nados entre 2007 e 2011
Narón, 12 de xuño de 2024. O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, presentou esta mañá o programa “Vémonos”, dirixido a rapazas e rapaces nados entre 2007 e 2011. O edil avanzou que a Casa da Mocidade acollerá do 8 ao 13 de xullo unha serie de actividades educativas pensadas para menores e informou que se ofrecen dez prazas en quenda libre, quedando outras dez reservadas para persoas derivadas de servizos sociais e con diversidade funcional. As inscricións abriranse dende mañá ás 8:30 horas ata o 26 de xuño ás 13:00 horas no Rexistro e na Sede Electrónica de Narón e terán preferencia os menores empadroados nesta cidade. No caso de que a demanda de prazas de quenda libre supere á oferta realizarase un sorteo público para adxudicalas. A través deste programa, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 os participantes realizarán varias actividades, como caiac, obradoiro LGTBIQ+, karaoke, un reto Steam, scape room, gincana deportiva, misións de Laser Tag, xogos cooperativos, e unha visita ao Aquapark de Cerceda. Esta última proposta terá lugar o 12 de xullo, día no que o horario será de 10:00 a 17:00, tal e como apuntou o concelleiro naronés. O edil animou ás mozas e mozos de Narón a inscribirse neste programa municipal, de balde, “co fin de desfrutar de novas experiencias e amizades durante unha semana, realizando actividades moi variadas no ámbito do lecer e tamén actividades de sensibilización na área da Igualdade, da saúde e do medio ambiente”. Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108, 1109 e 1111). O programa está subvencionado polo Ministerio de Igualdade, no marco do programa Plan Corresponsables no ámbito local.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal