Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS LOCAIS DE HOSTALERÍA INTERESADOS EN PARTICIPAR NA "II RUTA DO PINCHO DO PEMENTO DO COUTO"
A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, informou que a ruta se desenvolverá do 4 ao 14 de xullo
Narón, 13 de xuño de 2024. A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, anunciou a apertura de prazo, mañá día 14, para que os locais de hostalería interesados en participar na “II Ruta do pincho do pemento do Couto” se inscriban. O evento desenvolverase do 4 ao 14 de xullo, tal e como avanzou Ameneiro, e os establecementos poderán anotarse ata o 24 deste mes, incluído, enviando os datos requeridos á dirección de correo: me.mendez@naron.gal ou chamando en horario de mañá (de 8:30 a 13:00), de luns a venres, ao teléfono 981 337 700 (extensión 1204). Os responsables dos locais interesados en participar deberán facilitar –no correo ou telefonicamente- o seu nome e apelido e un teléfono de contacto; o nome do local e a dirección do mesmo; o nome da tapa que presentarán ao certame e os seus ingredientes (tendo como ingrediente principal o pemento do Couto e indicando posibles alérxenos) e o horario no que servirán a tapa nos seus establecementos. Sobre este último apartado, tal e como indican as bases, deberán servir as tapas de pemento do Couto entre as 13:00 e as 15:00 e de 20:30 a 22:30 horas no período desta ruta do pincho do pemento do Couto. As tapas terán un prezo de venda ao público de 2 euros e cada establecemento poderá presentar un único pincho ao concurso. Ao final do certame haberá premios para os establecementos participantes e tamén para o público que vote as diferentes elaboracións, apuntou a edil naronesa.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal