Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REABRIRÁ ESTE SÁBADO O LOCAL DA ASOCIACIÓN DE MAIORES DE SANTA ICÍA TRAS UNHA REFORMA NA QUE INVESTIU PRETO DE 260.000 EUROS
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou as melloras realizadas nas instalacións, moi concurridas pola veciñanza
Narón, 13 de xuño de 2024. O local social da Asociación de Maiores de Santa Icía, ubicado na avenida da Solaina, reabrirase este sábado, día 15, ao mediodía –coa recepción de autoridades e unha visita polo centro ás 14:00 horas- tras uns meses dunhas obras de acondicionamento que supuxeron ao Consistorio un investimento de preto de 260.000 euros, cofinanciados coa administración provincial. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou a intensa actividade que desenvolven estas instalacións ao longo do ano e valorou as melloras realizadas, “que permitirán, se cabe, darlle máis vida a este local tan frecuentado polas nosas veciñas e veciños”. O local ten acceso pola avenida da Solaina e a rúa Xaquín Bruquetas, estando ubicado en dous baixos colindantes cunha superficie total duns 400 metros cadrados. A rexedora local explicou que a maiores de actuacións vencelladas ao mantemento xeral se procedeu a construír unha nova escaleira de dous tramos que permite acceder á entreplanta do local, cunha superficie útil de preto de 140 metros cadrados. A maiores, indicou, renováronse as instalacións de electricidade, iluminación, ventilación, fontanería e saneamento, substituíronse as carpinterías exteriores de aluminio e as interiores de madeira e tamén os falsos teitos; reparouse e impermeabilizouse a cuberta; mellorouse a accesibilidade adecuando rampas de acceso; renováronse os pavimentos e revestimentos de pintura e ampliáronse os locais da planta alta sobre as saídas á rúa Xaquín Bruquetas mediante un forxado. Trala reforma, a planta baixa quedará distribuída cun salón de usos múltiples de 150 metros cadrados; unha cafetería de 102 metros cadrados e espazos para terraza, aseos oficinas, un cuarto de instalacións e almacén. Na entreplanta habilitáronse un local para o obradoiro de informática e outro para o local de ioga, cada un de algo máis de 60 metros cadrados. “Confiamos en que a obra sexa do agrado de todas as usuarias e usuarios destas instalacións e con ese obxectivo se realizaron as obras”, asegurou Ferreiro, que asegurou que “este investimento permitiu darlle un cambio moi importante e necesario a este espazo”.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal