Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A MANCOMUNIDADE DOS CONCELLOS DA COMARCA DE FERROL CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DA ATENCIÓN TEMPERÁ
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, participó en el acto celebrado esta mañana en Ferrol
Ferrol, 14 de xuño de 2024. O alcalde de Ferrol e presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca, José Manuel Rey Varela, participou esta mañá no acto conmemorativo de celebración no edificio do Concello do Día Mundial da atención temperá, que terá lugar o domingo 16 de xuño. Un acto ao que asistiron tamén os rexedores de Narón, Marián Ferreiro, de Fene, Juventino Trigo e de Valdoviño, Alberto González, Rey Varela puxo de manifesto a importancia de detectar as posibles dificultades no desenvolvemento e apredizaxe dos nenos e nenas para poder optimizar os resultados que se poden obter da atención temperá. “Nas primeiras etapas da infancia, os pequenos teñen unha maior capacidade de asimilar e integrar novas experiencias, e potenciar esa capacidade é trascendental”. Entidades como Aspaneps, que participou no acto, realizan ese importante labor, motivo polo que a Adminsitración local, a través da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, presta o seu apoio económico para que poidan seguir realizando a súa actividade. “Compartimos con Aspaneps o deber de acompañar ás familias, descubrir as potencialidades dos nenos, fomentar a súa integración e, sobre todo, comprender, respectar e tolerar as realidades de cada un deles”, asegurou o alcalde. Así mesmo, no marco desta conmemoración agradeceu a Aspaneps que dea resposta ás necesidades pedagóxicas, psicolóxicas e sociais dos nenos usuarios e das súas familias.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal