Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O HISTORIADOR HONORÍFICO DE NARÓN, ANDRÉ PENA GRAÑA, INCIDIU ONTE NO VAL NA IMPORTANCIA DO CONXUNTO MEGALÍTICO DA PENA MOLEXA
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, acompañou a Pena Graña durante o acto, celebrado no local social do Val
Narón, 14 de maio de 2024. O local social do Val acolleu na tarde de onte unha charla sobre a Pena Molexa. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, acompañou ao historiador honorífico do Concello de Narón, André Pena, que se encargou de falar aos asistentes sobre este monumento megalítico localizado nas inmediacións do castro de Vilasuso. Pena Graña explicou a importancia deste conxunto megalítico, onde se concentra o maior número de lendas, todas elas cun aspecto común, que relacionan o conxunto pétreo cunha “moura”, unha muller maga que coñece os segredos da terra e do outro mundo, tal e como apuntou. Unha destas lendas que un ano máis se representará mañá sábado ás 00:00 horas xunto á Pena Molexa, cunha actuación teatral a cargo de alumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. O historiador indicou que a Pena Molexa está configurada por seis grandes pedras colocadas de xeito articulado para formar un conxunto cunha formación moi singular. Pena Graña destacou a importancia do que denominou como “único monumento megalítico do mundo coñecido adicado á lúa”. Como apuntou o historiador honorífico, André Pena, na Pena Molexa a noite do vindeiro 22 de xuño, fronte ao pétreo disco megalítico imitando a lúa chea poderemos ver a saída da super lúa de amorodo ou morango, tralo punto máis ato do Forgoselo. Este fenómeno –xa observado polo historiador honorífico do Concello de Narón- ocorre cada 20 anos e será unha noite emocionante”. A Pena Molexa é un dos monumentos máis singulares e recoñecidos da cidade, estando o conxunto megalítico sobre a cornisa do monte da Lagoa, obxecto segundo estudos recentes, de antigos cultos funerarios hai milleiros de anos, segundo recordou Pena Graña. A concelleira de Turismo agradeceu a colaboración de André Pena Graña nesta convocatoria e tamén “o importante labor que desenvolveu e que sigue realizando como doutor en arqueoloxía e historia, sempre poñendo en valor unha parte moi importante da historia e a cultura da nosa cidade”.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal