Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRIMEIRA PROMOCIÓN DO ALUMNADO DO CURSO DE XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS E INDUSTRIAIS ORGANIZADO POLO CONCELLO RECOLLEU OS SEUS CERTIFICADOS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregou os certificados e felicitou ás persoas que remataron o curso
Narón, 15 de xuño de 2024. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, desprazouse ao Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, para entregar os certificados municipais do curso de Xestión de residuos urbanos e industriais (408 horas), no que se matricularon catorce persoas e que resultaron aptas un total de oito. A edil naronesa felicitou ao alumnado desta Acción Formativa para Desempregados (AFD), maioritariamente veciñanza de Narón, e destacou o feito de que algúns deles teñen xa ofertas laborais para comezar a traballar. Este curso AFD está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. O documento entregado hoxe, tal e como lles indicou Hermida, servirá para que soliciten á Xunta o título oficial deste certificado de profesionalidade, acreditando un nivel 2 nestas competencias. “Este é un dos cursos que, xunto con outros, homologamos no último ano e sodes a primeira promoción dunha acción formativa que é a única desta área con esta certificación que se imparte na provincia da Coruña”. A edil naronesa felicitou ao alumnado asegurou que “o máis importante é que teñades ganas de aprender, actitude e responsabilidade, tanto para seguir formándovos como para comezar a traballar”. Así mesmo, entregoulles dípticos do programa “Conectad@s polo emprego”, no que se recollen os recursos que se ofrecen dende o Concello dentro das súas competencias en materia de formación e emprego: intermediación laboral; orientación laboral; servizo de emprendemento e formación. Tralo acto de entrega de diplomas informóuselles tamén de que próximamente se convocará a través do Programa municipal de formación un itinerario completo en prevención de riscos laborais.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal