Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASISTIU Á REAPERTURA DO RENOVADO LOCAL MUNICIPAL DA ASOCIACIÓN DE XUBILADOS E PENSIONISTAS DE SANTA ICÍA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou as melloras acometidas no centro con cargo a un investimento de 260.000 euros
Narón, 15 de xuño de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asistiu este mediodía ao acto de reapertura do local municipal que acolle a Asociación Club de Xubilados e Pensionistas de Santa Icía, na Solaina. A rexedora local estivo acompañada pola edil de Benestar Social, María Lorenzo, e por outros representantes da corporación local naronesa, así como integrantes da citada entidade do barrio de Santa Icía e veciñas e veciños que quixeron sumarse a esta convocatoria. A cita deu comezo ás 13:15 horas, coa chegada da directiva da asociación e a recepción aos gaiteiros A Maristela, así como aos socios e socias da entidade, para falar sobre a situación da mesma. A continuación, sobre as 14:00 horas tivo lugar a recepción ao resto de asistentes á reapertura das instalacións, reformadas cun investimento duns 260.000 euros cofinanciados polo Concello e a administración provincial. Con cargo a esta partida, acometeuse un proxecto que permitiu “dar un cambio total á imaxe deste centro, moito máis diáfano e con espazos e servizos totalmente renovados”, tal e como apuntou a alcaldesa da cidade. Ferreiro asegurou que tras a tempada de obras “é unha satisfacción poder acompañarvos hoxe na reapertura deste espazo, moito máis acolledor e do que poderedes continuar desfrutando en mellores condicións para actos e actividades que habitualmente se desenvolven aquí ao longo do ano”. A rexedora local destacou que “hoxe iniciamos unha nova etapa neste centro, cheo de vida e no que espero que continuedes compartindo bos momentos”. Unha vez rematado o acto oficial tivo lugar un xantar popular no propio centro, a base de ensaladilla, salpicón e xarrete e unha sesión musical amenizada nesta ocasión por Alejandro Caribe.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal