Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE PIÑEIROS ACOLLERÁ OS DÍAS 29 E 30 DE XUÑO OS ACTOS DA FIN DE SEMANA CULTURAL E GASTRONÓMICA
A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou hoxe o evento xunto co presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, Francisco José Pita, e José Luis Teijeiro e Santiago Vázquez, tesoureiro e vogal respectivamente da citada entidade
Narón, 20 de xuño de 2024. A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou hoxe xunto co presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, Francisco José Pita, e José Luis Teijeiro e Santiago Vázquez, tesoureiro e vogal respectivamente da citada entidade, a Fin de semana Cultural e Gastronómica que se celebrará os días 29 e 30 de xuño na parroquia. As celebracións comezarán o sábado 29 pola tarde, a partir das 17:00 horas, cando dará comezo no campo da festa de Piñeiros –baixo unha carpa- a décima edición do “Encontro de rondallas Cidade de Narón”. Este ano actuarán as agrupacións Añoranzas, Só Elas, Lucero del Alba, Bohemios e Club de Campo. A programación continuará na xornada do domingo 30 con propostas gastronómicas e tamén culturais. Para esta data a AVV Piñeiros organizou a Festa do churrasco, cun menú a base de mexilóns, churrasco con chourizos, patacas, pan, bebida e sobremesa, a un prezo de 23 euros por persoa. O presidente da entidade veciñal informou que xa se poden adquirir os tickets, chamando ao número de teléfono 630 758 663 ou no local social de Piñeiros. A comida popular dará comezo ás 14:00 horas, tamén baixo unha carpa, e pola tarde, ás 16:30 horas, comezará o “Encontro de Bandas Memorial Lolete”, coas actuacións da Banda de Gaitas Rosalía, de Vilanova; o grupo folclórico “Virxe da Cela”, de Monfero, e a Banda de gaitas Agarimo, de Catabois. A continuación, segundo indicaron dende a entidade veciñal, haberá unha sesión de baile libre con Alberto Bellón. O presidente da AVV Piñeiros, Francisco Pita, agradeceu á Concellería de Festas “a súa colaboración para organizar este evento con nós e darnos así a oportunidade de celebralo un ano máis”. Pola súa banda, a edil de Festas, Mar Gómez, destacou o labor da asociación veciñal “en canto ao seu traballo por manter viva unha das citas culturais máis concurridas na nosa cidade durante a tempada estival”, ao tempo que animou á cidadanía a acudir a desfrutar desta Fin de semana gastronómica e cultural.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal