Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA "VÉMONOS" DIRIXIDO Á MOCIDADE
O programa desenvolverase do 8 ao 13 de xullo na Casa da Mocidade, tal e como recordou o edil responsable da área, Ibán Santalla
Narón, 21 de xuño de 2024. As rapazas e rapaces de Narón nadas entre 2007 e 2011 que desexen participar no programa “Vémonos” dispoñen aínda dalgunhas vacantes para poder anotarse. Así o indicou o edil de Mocidade, Ibán Santalla, que recordou que se trata dunha proposta que se levará a cabo na Casa da Mocidade do 8 ao 13 de xullo, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00. Os menores participantes realizarán durante eses días unha gran variedade de actividades, como escape room, laser tag, karaoke e tamén terán saídas para practicar caiac e mesmo unha o 12 de xullo, na que se ampliará o horario de saída pola tarde, para desfrutar dunha xornada no Aquapark de Cerceda. Haberá tamén xogos cooperativos, un obradoiro LGTBIQ+, gincanas… As inscricións permanecerán abertas ata o día 26 deste mes ás 13:00 horas, podendo tramitalas no Rexistro municipal –dende as 8:30 horas- e na Sede Electrónica de Narón, tendo preferencia os menores empadroados en Narón. Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108, 1109 e 1111). O programa está subvencionado polo Ministerio de Igualdade, no marco do programa Plan Corresponsables no ámbito local.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal