Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS ACOLLERÁ MAÑÁ UN "FALADOIRO DIVERSIDADE LGTBI+"
Dous técnicos de Alas Coruña impartirán a convocatoria, tal e como avanzou a edil de Igualdade, María Lorenzo
Narón, 25 de xuño de 2024. O Centro Sociocomunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá mañá un faladoiro sobre diversidade LGTBI+ impulsado por Alas Coruña e que conta coa colaboración, entre outras administracións, do Concello de Narón. A edil de Igualdade, María Lorenzo, explicou que a convocatoria terá lugar ás 17:00 horas e está aberta á participación da cidadanía en xeral. Dous técnicos de Igualdade de Alas Coruña, Óscar Rodríguez e Pablo Zas, serán os encargados de impartir este obradoiro, de aproximadamente unha hora de duración. A convocatoria desenvolverase en dúas partes, unha primeira na que se traballarán os conceptos básicos da diversidade sexual LGTBI+ e posteriormente serán as dinámicas da historia da comunidade do colectivo. Antes de rematar a convocatoria abrirase un turno de intervencións para que as persoas asistentes, no caso de desexalo, poidan interactuar.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal