Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO CINE DE VERÁN REGRESA Á CIDADE CON CATRO PROXECCIÓNS AO AIRE LIBRE DURANTE ESTE MES
As proxeccións, todas elas de balde, darán comezo ás 22:30 horas nas catro xornadas
Narón, 2 de xullo de 2024. O Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura e en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza un ano máis o ciclo “Cine de Verán”, que se desenvolverá durante catro xornadas deste mes de xullo. As proxeccións son de balde, sobre unha pantalla de grandes dimensións, e están pensadas para público familiar, iniciándose en todos os casos ás 22:30 horas. A primeira das citas será este mesmo venres, día 5, coa proxección do filme Gisaku na Praza de Galicia, no Alto do Castiñeiro. Un samurái que espera a cumprir unha misión é o protagonista desta película, que é a historia dunha loita entre o ben e o mal, na que un grupo de personaxes moi distintos entre si deberán traballar en equipo, vencendo conflitos internos e superando varias dificultades. A segunda proxección terá lugar o 12 de xullo, cando se poderá ver na Praza da Gándara “A todo tren 2”, con Santiago Segura, Leo Harlem e Paz Vega entre os protagonistas. Os tres son os encargados de levar a un grupo de nenas e nenos a un campamento e como o pasado ano quedaron fóra dun tren deixando aos menores dentro, Clara (Paz Vega), non se fía deles e decide levalos ela persoalmente xunto cunha amiga, interpretada por Paz Padilla. A raíz dun inesperado accidente o problema regresa de novo. “Super Mario Bros” é a película que se poderá ver o día 18 deste mes na praza do colexio de Xuvia. Tres fontaneiros, Brooklyn, Mario e o seu irmán Luigi traballan nunha avaría e viaxan por unha tubería a un mundo máxico pero todo cambia cando se separan e hai que buscar a Luigi. A última proxección será o 19 deste mes na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, onde se poderá ver “Pérez, El ratoncito de tus sueños 2”. Un neno, Lucas, intenta averiguar como o ratonciño Pérez cambia os dentes dos nenos por moedas sin que o vexan. Nese camiño por sábelo só consigue que o ratiño caia nas mans dun empresario que quere facerse millonario vendendo os seus segredos.

<<< Xullo 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18 19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal