Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASCM CONVOCAN UN CURSO BÁSICO DE VOLUNTARIADO NO CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, e a presidenta da Asociación Sociocultural ASCM, Paula Gárate, presentaron hoxe o curso
Narón, 19 de setembro de 2024. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, e a presidenta da Asociación Sociocultural ASCM, Paula Gárate, presentaron hoxe o curso básico de voluntariado que se celebrará os días 4 e 5 de outubro e para o que xa está aberto o prazo de inscrición. A iniciativa diríxese a maiores de 16 anos e impartirase no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. O Concello e a ASCM organizan a convocatoria, que conta tamén coa colaboración da Xunta de Galicia. A acción consta dun total de 16 horas e ten entre os seus obxectivos, tal e como indicou Paula Gárate, “ofrecer aos participantes os coñecementos básicos necesarios para poder desenvolver labores de voluntariado nunha Entidade de Acción Voluntaria e conseguir deste xeito unha sociedade máis xusta e igualitaria”. As sesións impartiranse o venres día 4 entre as 9:00 e as 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas e na xornada do sábado 5 en horario de 10:00 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 20:00. Voluntariado e habilidades sociais, estatuto das persoas voluntarias, entidades de acción voluntaria, relación entre as persoas voluntarias e as entidades de acción voluntarias, persoas destinatarias de acción voluntaria… forman parte dos contidos a abordar nas sesións. Nas mesmas, tal e como avanzaron dende a ASCM, empregaranse métodos como debates, xogos de roles, dinámicas de grupo e simulacións, co fin de involucrar activamente ás persoas participantes. Unha vez rematada a formación, no caso de completar as horas necesarias, entregarase un diploma acreditativo. As persoas interesadas en participar poden anotarse, de balde, ata o vindeiro 1 de outubro, a través do correo electrónico: info@ascmgalicia.org ou do número de whatsapp 604 055 703. En total, ofértanse vinte prazas para esta convocatoria. A edil de Benestar Social animou ás persoas interesadas en adquirir este tipo de coñecementos a inscribirse nesta convocatoria, “que representa unha moi boa oportunidade para formarse no mundo do voluntariado e poder axudar ás persoas e colectivos que así o precisen tendo unha base para facelo do mellor xeito posible”.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal