UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE AGRÍCOLAS DESPRAZARASE EN NOVEMBRO A PEDROSO E AO VAL
A ITV de agrícolas estará o día 14 de novembro en Pedroso e o 15 no Val
Narón, 21 de outubro de 2024. Unha unidade móvil de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas estará o vindeiro mes de novembro nas parroquias de Pedroso e do Val. A primeira xornada para as revisión será o día 14 en Pedroso, onde a unidade se localizará no campo da festa e estará operativa en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 13.30 horas e dende as 15.15 ata as 18.00.
No caso da parroquia do Val ubicarase o día 15 de novembro nas inmediacións da cooperativa do Val, onde estará operativa en horario de mañá, de 9.00 a 13.30.
As persoas interesadas en acudir poden reservar cita previamente chamando ao número de teléfono 981 928 080 ou a través da web: www.sycitv.com.