Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA OS TICKETS PARA ASISTIR Á CEA DA MULLER ORGANIZADA POLO CONCELLO CON MOTIVO DO 8M
A edil de Igualdade, María Lorenzo, avanzou que a cea homenaxe á Muller do Ano de Narón 2025 terá lugar o 14 de marzo
Narón, 26 de febreiro de 2025. O restaurante Casa Becerra acollerá o vindeiro 14 de marzo a tradicional Cea da Muller, unha convocatoria que é unha homenaxe pública á Muller do Ano de Narón 2025, cuxo nome se coñecerá oficialmente o vindeiro 8 de marzo nun acto institucional que se levará a cabo na cidade. A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, informou que xa están á venda os tíckets para poder asistir á homenaxe que recibirá das mulleres que queiran acudir á cea do día 14, que ten un prezo de 35 euros por persoa. As mulleres interesadas en asistir a esta última convocatoria, que dará comezo ás 21:30 horas, poden reservar as entradas a través do número de teléfono 650 144 527. A homenaxeada foi elixida por unanimidade da corporación local e recibirá un recoñecemento público pola súa traxectoria profesional e persoal. A cea forma parte do programa de actos deseñado polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller, cuxa programación ao completo se dará a coñecer nos vindeiros días, tal e como avanzou a edil de Igualdade.

<<< Marzo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal