Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE UN PRAZO DE CONSULTA PREVIA PARA MODIFICAR O REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, informou que o prazo de presentación de propostas rematará o vindeiro 5 de maio
Narón, 19 de marzo de 2025. O pleno municipal do Concello de Narón, na sesión celebrada o pasado 31 de outubro de 2024, aprobou o Plan normativo anual do Concello de Narón para o exercicio do ano 2025, no que se prevía a elaboración de tres normas xurídicas, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro. Neste intre, atopándose en proceso de licitación a plataforma de Participación cidadá que permitirá xestionar o proceso de elaboración desas normas e a participación dos cidadáns e asociacións do municipio neses procedementos, e co fin de dar cumprimento ao acordado polo pleno, o Concello pon a disposición dos administrados na súa sede electrónica, o enlace -https://run.gob.es/iyl9ed9d- no que poderán incorporar suxestións e propostas a incluír na futura modificación do seu Regulamento de Participación Cidadá, con carácter previo á redacción do borrador desa norma xurídica polos servizos administrativos municipais. Trátase dun trámite de consulta previa, sen prexuízo de que, unha vez redactado o borrador do texto dese regulamento, á vista das suxestións aportadas e admitidas, se abra un novo prazo de alegacións previo á aprobación inicial por parte do pleno desa normativa. O actual Regulamento municipal foi publicado o 8 de abril de 2020, pretendéndose na actualidade adaptar esta normativa a actual situación social do Concello. O prazo para presentar propostas será dende mañá día 20 ata o 5 de maio deste ano, informou a concelleira de área.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal