Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE CON REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN ADOPE
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse con Mª José Aneiros, Josefa Marín e María León, representantes da Asociación Dolor Persistente, ADOPE.
Dende o colectivo, de recente creación, explicaron á alcaldesa a finalidade desta nova entidade, así como as accións que están empezando a desenvolver tanto no plano reivindicativo dos dereitos deste colectivo como no do apoio as persoas doentes e as súas familias. Ferreiro destacou a importancia de entidades como esta para dar visibilidade a un colectivo, o das persoas con dor persistente, que en moitas ocasións ten que sufrir non só a enfermidade senón a incomprensión tanto da sociedade coma dos propios servizos públicos de saúde, e felicitou a estas persoas por ter dado o paso de botar a andar a asociación.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal