Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ULTIMA OS PREPARATIVOS DA GRAN FESTA DE FIN DE ANO NA PRAZA DE GALICIA
Narón despedirá o ano cunha gran festa colectiva baixo carpa na Praza de Galicia, un espazo que volverá converterse no epicentro da celebración de Fin de Ano na cidade. O Concello ultima os detalles dun evento pensado para que veciñanza e visitantes dean a benvida ao novo ano nun ambiente seguro, acolledor e cheo de música.
A carpa, cunha capacidade para arredor de 4.000 persoas e entrada gratuíta ata completar capacidade, estará especialmente ambientada para a ocasión cunha coidada iluminación navideña que reforzará o carácter festivo da velada e fará do recinto un punto de encontro atractivo para toda a contorna. No interior habilitaranse dous escenarios enfrontados. O espazo, duns 1.500 metros cadrados, contará con calefacción e servizo de gardarroupa, ademais de barras con prezos populares. Como é tradición, non faltará o chocolate quente para combater o frío das primeiras horas do Aninovo. A festa dará comezo ás 01.00 horas, cando tamén está previsto o lanzamento de fogos de artificio, e prolongarase ata as 06.00 da mañá. Tras recibir 2026, o protagonismo musical será para a orquestra Trébol, unha formación coñecida polo seu estilo festivo e polivalente, cun repertorio que mestura grandes éxitos do pop e do rock estatal e internacional con música pensada para o baile e a diversión interxeracional. A continuación actuará o grupo Alkar, especializado en música de verbena e ritmos actuais, cunha proposta dinámica centrada nos temas máis soados do momento e unha posta en escena pensada para manter o público na pista ata ben entrada a madrugada. A seguridade será outro dos eixos da celebración. O recinto contará cun posto de Protección Civil que velará durante toda a noite polo benestar das persoas asistentes, en coordinación cos servizos municipais, para garantir que a festa se desenvolva con normalidade. Como complemento, o aparcadoiro subterráneo do Centro Comercial Narón permanecerá aberto durante toda a noite e permitirá estacionar os vehículos de maneira gratuíta, facilitando así os desprazamentos e o acceso á Praza de Galicia. Con esta proposta, o Concello aposta por unha despedida do ano aberta, de balde e pensada para todos os públicos, consolidando unha cita que cada Nadal reúne a milleiros de persoas no corazón de Narón.

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal