Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRAN GUATEQUE CHEGA ESTE VENRES AO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA COAS ACTUACIÓNS DE FÓRMULA V E A ORQUESTRA MONDRAGÓN
Narón será este venres unha das paradas da programación do Xacobeo coa celebración de O Gran Guateque, un espectáculo musical gratuíto que reunirá no paseo marítimo de Xuvia a Fórmula V e a Orquestra Mondragón a partir das 21:30 horas.
O paseo marítimo de Xuvia converterase este venres, 7 de agosto, nun gran escenario para revivir os éxitos musicais das décadas dos 60, 70 e 80 coa celebración de O Gran Guateque, un espectáculo que reunirá a dúas das formacións máis emblemáticas da música española: Fórmula V e a Orquestra Mondragón. Os concertos comezarán ás 21:30 horas e enmárcanse na programación do Xacobeo, coa colaboración do Concello de Narón. A cita, de acceso libre e gratuíto, promete unha noite chea de música, recordos e diversión nun enclave privilexiado como é o paseo marítimo de Xuvia, ao paso do Camiño Inglés. A Orquestra Mondragón, liderada polo inconfundible showman Javier Gurruchaga, ofrecerá un espectáculo no que non faltarán algúns dos grandes clásicos do seu repertorio, como Viaje con nosotros, Ponte la peluca ou Corazón de neón, convertidos xa en himnos da música española. Pola súa banda, Paco Pastor, voz histórica de Fórmula V, fará cantar e bailar ao público coa interpretación de temas que marcaron toda unha época e que continúan a formar parte da memoria colectiva, entre eles Eva María, Cuéntame, Vacaciones de verano, Busca un amor e La fiesta de San Blas. A alcaldesa de Narón, Marian Ferreiro, destacou que este tipo de propostas permiten ampliar a oferta cultural e de lecer do municipio ao tempo que contribúen a dinamizar a actividade na cidade. Así mesmo, lembrou que os concertos serán de balde e animou á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse ao paseo marítimo de Xuvia para desfrutar desta cita musical.

<<< Agosto 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal