Os patrocinadores entregarán material para empregar no programa de Educación Vial Municipal.
Narón, 1 de Abril de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe dous convenios de colaboración coas empresas Alcampo Ferrol e Begano (Coca-Cola) para a realización de actividades de Educación Vial nos centros de ensino de Narón (Escolas Infantís Municipais, Colexios e Institutos) por parte do equipo de Educación Vial Municipal.
O convenio permitirá a dotación de material para levar a cabo as clases de educación vial por parte do equipo do Concello, formado polo policía local Pedro Caneiro e o técnico de INEF Simón Cabarcos. “A colaboración con patrocinadores é importante porque nos vai permitir continuar formando ós futuros conductores do mañá, que hoxe son os rapaces e as rapazas das escolas. Resulta importantísimo educarlles no coñecemento e nas regras da seguridade vial”, declarou José Manuel Blanco.
Por parte das empresas asinaron o convenio Javier de Paz Vázquez (Alcampo Ferrol) e Jose Angel Pico Garrido (Begano), e ambos amosáronse satisfeitos de poder colaborar nun proxecto de educación vial destas características, que ten acadado un premio a nivel nacional (Ponle Freno) fai un mes.
Pola súa banda, o Concelleiro de Seguridade Vial, Ramón Padín, destacou o esforzo e o empeño do Concello de Narón por fomentar o uso da bicicleta como medio sostenible e ecolóxico de transporte. Para iso, no día de hoxe comenzouse co pintado dun carril-bici ó longo do paseo marítimo de Xuvia, dende Megasa ata Neda, que estará rematado o vindeiro martes.
Ademáis, o Concello contempla no futuro a creación dunha senda ciclista que unirá A Gándara con Xuvia ó longo do paseo marítimo, aproveitando o tramo do camiño inglés a Compostela que discurre por este lugar.