En colaboración cos amigos da xoven, que foi asasinada en Narón o pasado 25 de xuño nun caso de violencia de xénero.
Narón, 5 de Xuño de 2012.- Os concellos de Narón e Neda levaron a cabo no día de hoxe un acto de homenaxe a Iria García Bouza, a muller asasinada a pasada semana en Narón. A convocatoria serviu tamén para condenar de novo a violencia machista, da que foi vítima esta veciña naronesa.
Ademais da asistencia dos alcaldes de Narón (José Manuel Blanco) e Neda (Ignacio Cabezón) neste este acto, participaron amigos da víctima e miles de veciños de ambos concellos e da comarca de Ferrolterra.
O punto de encontro foi a Praza do Concello (en Xuvia, diante do antigo Concello) ás 20:30 horas. Alí os asistentes gardaron 1 minuto de silencio, en condena por este asasinato. A continuación, a marcha partíu a pé ata a praza de San Roque, onde foi asasinada Iria García Bouza, onde deuse lectura a un manifesto de condena deste asasinato por parte dunha amigo da falecida. A continuación, gardouse un minuto de silencio e realizouse unha ofrenda floral por parte de tódalas persoas que asistiron á homenaxe, depositando cada unha delas un clavel no lugar onde foi presuntamente asasinada a mans da súa ex-parella.