No Pleno constitutivo da nova Corporación naronesa procedeuse á elección de D. Juan Gato Díaz, novamente, como Alcalde-Presidente do Concello de Narón.
O rexidor resoltou elixido cos votos a favor dos dez membros do seu grupo político TERRA GALEGA. Os cabezas das demais listas electorais (Dª Ángeles Díaz Pardo polo PP; D. Pablo Villamar Díaz polo BNG e Dª Catalina Mª García Blanco polo PSdeG-PSOE) recibiron o apoio dos concelleiros/as dos seus grupos respectivos.
Con esta nova designación D. Juan Gato Díaz foi proclamado Alcalde do Concello, posto que ocupa ininterrumpidamente dende o ano 1985.