Abrirá os días 4, 13 e 21, e o último domingo de cada mes, en horario de mañá.
Narón, 7 de Novembro de 2012.- O Concello de Narón abríu oficialmente o Centro de Limpeza e Desinfección de vehículos de gando, no recinto feiral do Trece (Sedes), o pasado domingo 4 de novembro.
Esta instalación abrirá as súas portas os días 4, 13 e 21 e o último domingo de cada mes, en horario de 9:30 a 13:00 horas.
As tarifas para os usuarios dependerán do tipo de vehículo que vaia ser lavado e desinfectado. Os prezos oscilan entre 1 euro (que vale a desinfección dun remolque de uso particular cunha tara máxima de 400 kilos) ata 25 euros (pola desinfección e lavado dun tráiler de 2 pisos máis remolque de 2 pisos).
A obra de construcción deste centro de limpeza de vehículos de gando foi executada pola empresa Moncina, e tivo un coste aproximado de 60.000€, dos que o Concello aportou perto de 40.000€ e AGADER concedeu unha axuda de 18.800€ (en base ó “Programa Leader Galicia 2007/2013 para o Grupo de Desenvolvemento Rural Costa Noroeste”). Esta subvención foi solicitada o 30 de abril de 2010 a AGADER, e concedida o 2 de novembro do mesmo ano.