En cumprimento do Convenio suscrito entre o Concello de Narón, a Deputación Provincial de A Coruña, a Consellería de Industria e o IGVS procedeuse á adxudicación de diversas actuacións no Polígono industrial de As Lagoas.
Con cartos provintes desas administracións públicas estanse a sufragar diversas actuacións que sirvan para dotar ao polígono industrial sito na Estrada de Cedeira de todo los servizos mínimos que tal superficie debe reunir.
Así adxudicáronse as seguintes obras:
- Urbanización da Estrada do Feal por un importe de 203.996,31 euros.
- Urbanización da Rúa Doimás por un importe de 148.698,70 euros.
- Urbanización da Rúa "F" do Polígono por un importe de 118.384,40 euros.
- Urbanización da Rúa "G" do Polígono por un importe de 198.919,87 euros.
- Urbanización da Rúa "P" do Polígono por un importe de 349.639,38 euros.
- Urbanización da Rúa "U" do Polígono por un importe de 156.093,48 euros
Todas elas á empresa CUIÑA S.A. por resultar a oferta mais ventaxosa das presentadas.