MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO PARA CONDENAR O ÚLTIMO ASASINATO POR VIOLENCIA DE XÉNERO
Representantes da corporación local, xunto con persoal do concello e veciñas e veciños de Narón, concentráronse diante do consistorio para amosar a súa repulsa ante un novo caso dunha muller asasinada por violencia de xénero
Narón, 27 de xaneiro de 2020. O Concello acolleu este mediodía, ás 12.00 horas, un novo acto de repulsa á violencia de xénero para condenar o asasinato, o sábado, dunha muller no concello lucense de A Pastoriza (Lugo), presuntamente a mans do seu home. O alcalde acc. Guillermo Sánchez Fojo estivo na concentración acompañado pola concelleira de Igualdade, Mar Gómez, representantes da corporación local, persoal funcionario e interino do concello e veciñas e veciños de Narón.
As persoas asistentes gardaron un minuto de silencio para recordar as vítimas da violencia de xénero, para amosar as súas condolencias a familiares e amizades da muller asasinada e condenar esta lacra social. A maiores, como é habitual neste tipo de actos, desplegouse unha pancarta, que portaron representantes do goberno local, co lema “Narón contra a violencia de xénero”.
Manuela Iglesias Fernández, de 79 anos, recibiu unha coitelada no seu domicilio na parroquia lucense de A Pastoriza, donde a atoparon morta xunto co seu home, tamén sen vida.
Desde o Concello de Narón condenouse unha vez máis a violencia en xeral e, en particular, a de xénero, unha lacra social que é preciso erradicar.