O Pazo da Cultura estrenará o Café Teatro con varios espectáculos
Narón, 8 de Xaneiro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentaron hoxe en rolda de prensa a programación cultural do primeiro trimestre do 2010, que acollerá o Pazo da Cultura e tamén o Café Teatro ubicado neste lugar (e que se inaugurará de xeito oficial o vindeiro xoves 14 de xaneiro). Entre as novidades máis destacadas desta programación, presupostada en 130.000 euros (dos cales 108.000€ son aportados polo Padroado) figuran un musical e un festival internacional de narración oral, que se levará por distintas parroquias de Narón.
Relación de espectáculos previstos para este trimestre:
XANEIRO
Sábado 9 (20:00 horas) Pazo da Cultura: teatro, “Urtain”, da compañía Animalario
Xoves 14 (20:30 horas) Café Teatro do Pazo da Cultura: teatro, “Buenrrollitina” de Riki López.
Venres 15 (19:30 horas) Café Teatro: festival de narradores- presentación do libro “Las cenizas de Bagdad” de Antonio Lozano e Walid Saleh.
Venres 15 (20.30 horas) Café Teatro: festival de narradores, “Los cuentos del espíritu” de Nicolás Buenaventura.
Sábado 16 (20:00 horas) Pazo da Cultura:festival de narradores, “Contada colectiva” de Martha Escudero, Boniface Ofogo, Nicolás Buenaventura, Cristian Atanasiu, Quico Cadaval, e Avelino González.
Sábado 23 (20:00 horas) Pazo da Cultura: teatro, “A Esmorga” de Sarabela Teatro.
Sábado 30 (20:00 horas) Pazo da Cultura: teatro, “Só” de Abada Teatro.
FEBREIRO
Xoves 4 (20:30 horas) Pazo da cultura: musical, “The world of ABBA”, de Culturinter.
Sábado 6 (20:00 horas) Pazo da Cultura: teatro “Shakesperare para ignorantes” de Mofa e Befa.
Xoves 11 e Venres 12 (20:30 horas) Café Teatro: teatro contemporáneo, “Historias tricolores o de cómo aqueles animaliños proclamaron a república”, de Abrapalabra Creacións Escénicas.
Venres 19 (20:30 horas ) e sábado 20 (20:00 horas) Pazo da Cultura: teatro, “As actas escuras” do Centro Dramático Galego.
Sábado 27 (20:00 horas) Pazo da Cultura: “Infinita” de Familie Flöz.
MARZO
Xoves 4 (20:30 horas) Pazo da Cultura: concerto de Luis Eduardo Aute.
Sábado 6 (20:00 horas) Pazo da Cultura: teatro, “Neuras” de Onfalo Teatro.
Xoves 11 e venres 12 (20:30 horas) Café Teatro: teatro “Un condón por si ligo” de Rober Bodegas.
Sábado 13 (20:00 horas) Pazo da Cultura: teatro “Exitus” de Titzina Teatro.
Sábado 20 (20:00 horas) Pazo da Cultura: teatro “Colgados Logomonos” de Ancora Produccións
Sábado 27 (20:00 horas) Pazo da Cultura: teatro “Palabras encadenadas” de Talía Teatro.
O Café Teatro do Pazo da Cultura inaugurarase o vindeiro 14 de xaneiro, e terá capacidade para 100 persoas.
O Padroado da Cultura organiza tamén un Festival Internacional de Narración Oral, entre o 15 e o 17 de xaneiro, que se levará a cabo en catro parroquias de Narón (O Couto, San Xiao de Narón, Xuvia e Pedroso) e no propio Café Teatro. Programa:
-VENRES 15 DE XANEIRO:
(19:30 horas) Antonio Lozano e Walled Saleh presentan "As cenizas de Bagdad" no Café-teatro do Pazo da Cultura.
(20:30 horas) Martha Escudero presenta "Cuentos picantes" en San Xiao.
(20:30 horas) Boniface Ofogo presenta "Ya me lo decía mi padre", en Pedroso.
(20:30 horas) Nicolás Buenaventura presenta "Los cuentos del espíritu" no Café-teatro do Pazo da Cultura.
(20:30 horas) Christian Atanasiu presenta "Juglar con las palabras" en Xubia.
-SÁBADO 16 DE XANEIRO/CONTOS EN FAMILIA:
(12:00 horas) Martha Escudero presenta "Canasta de cuentos" en Xubia.
(12:00 horas) Boniface Ofogo presenta "El elefante que perdió su ojo" en San Xiao.
(12:00 horas) Nicolás Buenaventura presenta "Amaranta por qué" na Biblioteca Infantil Municipal de O Alto.
-SÁBADO 16 DE XANEIRO/ 20:00 HORAS:
Contada colectiva no Pazo da Cultura de Narón
Participan: Martha Escudero, Boniface Ofogo, Nicolás Buenaventura, Christian Atanasiu, Quico Cadaval, e Avelino González.
-DOMINGO 17 DE XANEIRO/ 18:00 HORAS:
Christian Atanasiu conta "Juglar coas palabras" en O Couto.