Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CAMBIOS NA UBICACIÓN DE DOUS COLEXIOS ELECTORAIS PARA OS COMICIOS AO PARLAMENTO EUROPEO
O centro cívico social da Solaina e o de Chafarís, no Alto do Castiñeiro, funcionarán como colexios electorais o 9 de xuño
Narón, 22 de maio de 2024. O Concello de Narón informa sobre unha serie de cambios nos colexios electorais do termo municipal con respecto ás eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro 9 de xuño. Unha das modificacións é que os electores que ata agora votaban no CEIP da Solaina –distrito 4, seccións 6, 12 e 16- terán que facelo a partir de agora no Centro cívico social da Solaina, ubicado no número 6 da rúa Mercedes Freire Lago. Así mesmo, as veciñas e veciños de Narón que votaban no Pazo da Cultura –distrito 4, sección 19-, terán que facelo no Centro cívico social de Chafarís, ubicado no número 37 da rúa do Rosal. Este cambio afecta aos residentes nas rúas Baiona, Bouzas, Cangas, A Garda, O Grove, Rosal, Santa Tecla, Tui, e na estrada de Castela (entre os números 239-289), no Camiño da Torre (entre os números 4 e 66) e na Praza de Tranvías.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal