A mostra componse de instantáneas de 23 fotoxornalistas galegos, que reflexan a mulleres conciliando a sua vida laboral e familiar.
Narón, 2 de Abril de 2012.- O Pazo da Cultura de Narón acolle dende o venres 30 de marzo ata o día 20 de abril a exposición ‘Mulleres no obxectivo’ organizada pola Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio.
A mostra componse de fotografías de 23 fotoxornalistas galegos, que tratan de sacar á luz dende unha óptica de normalidade e respecto, as imaxes que nos achegan ao día a día das mulleres e a súa relación cotiá co traballo ao longo da historia, e á conciliación da vida laboral e familiar.
Esta exposición é o último acto de conmemoración do 8 de marzo, Dia Internacional das Mulleres.