CELEBRADO O PLENO EXTRAORDINARIO PARA DESIGNAR AOS PRESIDENTES E VOGAIS DAS MESAS ELECTORAIS DO 28 DE MAIO
As persoas seleccionadas por un procedemento informático recibirán nos vindeiros días as comunicacións no seu domicilio
Narón, 2 de maio de 2023. O Concello acolleu hoxe, ás 9.30 horas, un pleno extraordinario para designar aos integrantes das corenta e sete mesas electorais que se habilitarán no municipio –presidentes, vogais e dous suplentes de cada cargo- de cara aos comicios municipais do vindeiro 28 de maio.
O sorteo realizouse mediante un procedemento informático e as persoas seleccionadas recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio. No caso de non poder acudir será preciso comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona –no Xulgado de Ferrol- nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da comunicación).