O ALCALDE ASINA UN CONVENIO COA DIRECTIVA DO COLEXIO RURAL AGRUPADO (CRA) DE NARÓN PARA A PROMOCIÓN EDUCATIVA
O consistorio naronés achega 2.500€ para actividades recollidas no Plan de Centro do CRA, entre elas a edición dunha revista escolar.
Narón, 5 de Setembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a directora do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Narón, Cristina Fernández, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de promoción educativa.
Este acordo ten como obxectivo a cooperación entre o Concello e o CRA de Narón, para o desenvolvemento de actividades relacionadas co ensino. En concreto, permitirá o desenvolvemento das actividades recollidas no Plan de Centro do Colexio Rural Agrupado, incluíndo a edición dunha revista escolar.
O Concello realizará unha achega de 2.500 euros para financiar estas actividades. O convenio ten unha vixencia anual, correspondéndose co ano 2014.