A INICIATIVA VENRES DE CONSUMO RESPONDE OFRECE MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "CONSUMO E XÉNERO"
A Escola Galega de consumo impulsa estas convocatorias a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia da Xunta de Galicia
Narón, 5 de maio de 2022. A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla da iniciativa “Venres de consumo responde”. A convocatoria será mañá ás 12.30 horas e durante a mesma abordarase a temática do “Consumo de xénero”.
Para poder participar na convocatoria é preciso entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e tan só será preciso premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.