Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ ESTE XOVES A PRESENTACIÓN DO LIBRO "SIN PRUEBA APARENTE", DE JUAN JOSÉ LADA VILARIÑO
A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que o acto dará comezo ás 18:30 horas na sala multiusos
Narón, 21 de maio de 2024. A sala multiusos da planta soto da Biblioteca municipal acollerá este xoves, día 23, a presentación do libro “Sin prueba aparente”, do escritor Juan José Lada Vilariño. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que o acto dará comezo ás 18:30 horas e estará aberto á asistencia de público en xeral, ata completar a capacidade da sala. A tamén escritora Isabel Ramos Breijo, veciña de Narón, acompañará a Lada na presentación da súa última obra, unha apaixoada novela protagonizada por Tomás, un garda civil retirado que repasa os tres casos que marcaron a súa carreira. Unha serie de asasinatos que aconteceron en Galicia; un roubo a un poderoso empresario textil con conexión no mundo do narcotráfico e unha gala de graduación que remata en traxedia co asesinato dun alumno son eses tres casos nos que se sustenta o libro de Juan José Lada. O autor, nado en Bélxica, de pai asturiano e nai galega, publicou anteriormente outras obras, como El tesoro de Artabria (2020); Las minas de Santa Comba (2021) e El oro de Himmler (2022), todas elas presentadas no seu día na Biblioteca municipal de Narón. Ao remate da presentación de “Sin prueba aparente” todas as persoas que o desexen poderán adquirir un exemplar.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal