Convócase de xeito anual.
Narón, 4 de Febreiro de 2013.- A Mesa Local do Comercio reuníuse hoxe en Narón, a petición da Xunta de Galicia, para informar das accións realizadas no último ano e que conciernen a esta área. Esta xuntanza convócase de xeito anual.
Na reunión participaron o Alcalde de Narón (José Manuel Blanco), un representante da Xunta de Galicia (José Manuel Vilariño), unha Concelleira de Narón (Natalia Hermida), unha representante da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de A Coruña (Rosa Otero), a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón (Olga Ameneiro), e o Secretario Xeral do Concello de Narón (Alfonso de Prado).
Como presidente da Mesa Local de Comercio, José Manuel Blanco deu conta das xestións que están a efectuar os responsables municipais (responsables políticos, persoal técnico e de Protección Civil do Concello de Narón) para examinar as distintas instalacións municipais e verificar o seu acomodo e adecuación legal de cara á a celebración de posibles feiras ou eventos vinculados co comercio local.
Tamén deuse conta da celebración de feiras en Narón, que con carácter fixo son dúas: o Feirón do barrio de Santa Icía (o primeiro domingo de cada mes) e as feiras Agrícolas e de Gando no lugar de O Trece, en Sedes (o día 13 e o último domingo de cada mes). Ademáis, outros anos téñense clebradas Feiras de Oportunidades (outlets) que este ano, precisamente pola necesidade de adaptar os espazos físicos ás necesidades de comerciantes e consumidores, aínda non se puideron levar a cabo.