O PAZO DA CULTURA ACOLLE EN MARZO UNHA EXPOSICIÓN E UN FESTIVAL BENÉFICO A FAVOR DE 'MEDICOS SIN FRONTERAS'
O evento musical celebraráse o sábado 15 de marzo, e actuarán a banda infantil de Sementeira, a Escola de Bailes de Salón Tedaga, e a Coral Amistade de O Couto.
Narón, 27 de Febreiro de 2014.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá no mes de marzo unha iniciativa solidaria a favor da ONG “Médicos sin Fronteras”. Trátase dunha exposición fotográfica e un festival solidario que tratarán de amosar a realidade que se vive no terceiro mundo, e as dificultades que ten a poboación para acceder a algo tan fundamental e prioritario como é a mediciña.
A exposición fotográfica de Médicos sin Fronteras poderá visitarse no vestíbulo do Pazo da Cultura de Narón, do 3 ó 15 de marzo, no seguinte horario: de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, e os sábados de 10 a 14 e de 16 a 19 horas. Está formada por cerca de 40 instantáneas que reflexan, na súa maioría, historias da África subsahariana.
A outra das accións solidarias se desenvolverá o sábado 15 de marzo ás 18:00 horas no Pazo da Cultura. Alí se levará a cabo un Festival Solidario a beneficio de Médicos sin Fronteras, no que participarán de xeito altruista:
-A Banda Infantil da agrupación Sementeira
-A Escola de Bailes de Salón TEDAGA
-A Coral “Amistade” de O Couto
As entradas estarán á venta a partir do luns 10 de marzo, nas billeteiras do Pazo da Cultura, ó prezo de 5€.