ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL "CORREDOIRA VERDE 2008"
Narón, 28 de Abril de 2008.- A Concellería de Medio Ambiente acaba de abrir o prazo de inscripción para participar no Programa de Educación Ambiental e Divulgación Etnográfica “Corredoira Verde 2008”, que terá lugar entre os meses de Maio e Setembro deste ano, e está dirixido a nenos -a partires dos 10 anos de idade- e maiores.
As inscripcións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9 a 13 horas, cubrindo un formulario cos datos persoais. O prezo por persoa é de 11,45 euros e inclúe a participación nas 13 rutas organizadas –aloxamento e manutención, aparte-.
O programa Corredoira Verde iniciouse no ano 1990, e na edición do 2007 xa congregou a 366 participantes. A iniciativa consiste en trazar rutas que percorren Narón, A Coruña e Galicia en xeral e sirven para descubrir o patrimonio monumental, natural, paisaxístico, antropolóxico-cultural, lúdico e humano do noso concello, e de Galicia.
Nestea no 2008, os roteiros do programa atravesarán areas costeiras e cuncas fluviais da nosa terra, segundo explicou o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos. Esta nova edición está adicada ós ríos e océanos, e o calendario previsto é o seguinte:
-Día 3 de Maio: Aldea Nova-Forcadas-Vilarrube.
-Día 10 de Maio: Mugardos-Ares: Costa de Bezoucos.
-Día 24 de Maio:Praia Lopesa e Praia de Pantín.
-Días 31 de Maio e 1 de Xuño: Vilar de Barrio (Ourense)
-Día 7 de Xuño: do Río Xuvia ó Río Belelle polos muiños.
-Día 14 de Xuño: Castelo de San Felipe-Covas.
-Día 21 de Xuño: Río Xallas.
-Día 28 de Xuño: Teixido-Cariño-Ortigueira.
-Días 5 e 6 de Xullo: Quiroga (Lugo).
-Día 12 de Xullo: Mariña Lucense: Foz.
-Día 6 de Setembro: Costa de Pontedeume-Perbes.
-Día 13 de Setembro: Camiño Vello de Teixido a Xuvia.
-Día 20 de Setembro: Ruta corredoira verde-Narón.
Este programa está coordinado polo Servizo Sociocomunitario Municipal, impulsado polas concellerías de Medio Ambiente e Cultura de Narón.