Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA UN "FALDOIRO SOBRE HIXIENE MENSTRUAL E ENDOMETRIOSE"
A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, avanzou que a convocatoria do vindeiro martes, aberta á cidadanía, dará comezo ás 18:30 horas
Narón, 24 de maio de 2024. A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro martes, día 28, un faladoiro sobre hixiene menstrual e endometriose, organizado pola asociación QuerEndo, mulleres con endometriose. A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que a convocatoria se convocou con motivo da conmemoración do Día da Hixiene Menstrual (28 de maio) e que dará comezo ás 18:30 horas. A presidenta da asociación QuerEndo, Sara Iglesias Sánchez, e unha das vogais, Rosa Calvo Carballeira, compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre temas esenciais relacionados coa saúde menstrual. O faldoiro estruturarase en varios apartados, un para coñecer a endometriose, outro para entender o ciclo menstrual e un terceiro sobre opcións para a recolección do sangrado. Dende a organización convídase a toda a cidadanía a acudir a esta xornada informativa, que se desenvolverá na planta soto da Biblioteca.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal