Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO PARA QUE OS LOCAIS DE HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN SE POIDAN INSCRIBIR NA RUTA DEGUSTACIÓN DA TARTA DE NARÓN
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, avanzou que os locais participantes deberán servir a tarta do 22 de novembro ao 1 de decembro
Narón, 2 de novembro de 2024. A concellería de Promoción Económica, dirixida pola edil Olga Ameneiro, impulsará unha Ruta degustación da tarta de Narón, co fin de promocionar este doce e poñelo en valor en colaboración co sector hostaleiro local. A concelleira naronesa avanzou que a convocatoria se desenvolverá do 22 de novembro ao 1 de decembro e informou que os representantes do sector interesados en participar deberán anotarse previamente. Ameneiro explicou que o Concello facilitará de balde aos establecementos participantes a tarta de Narón. Eles serán os encargados de realizar unha proposta de presentación para ofrecela á clientela durante a ruta degustación, que poderá ser como sobremesa, almorzo ou merenda no horario que especifiquen en cada caso. O prezo de venda ao público da presentación da tarta será de 5 euros por porción. “Queremos promocionar a tarta de Narón, un doce característico da nosa cidade que se comezou a comercializar o 23 de novembro do pasado ano, coincidindo coa celebración do Día de Narón, festividade local”, tal e como apuntou a concelleira. Así mesmo, destacou o feito de que “o sector hostaleiro representa unha excelente oportunidade para que esta tarta poida chegar a moita máis xente, ofrecéndoa entre a súa oferta de doces para que no caso de que estean interesados se animen a degustala”. Os locais de hostalería e restauración de Narón interesados en participar poderán anotarse do 4 ao 11 de novembro -incluídos- enviando os seus datos (nome do local e enderezo; nome e número de teléfono da persoa de contacto; nome da presentación da tarta, ingredientes indicando alérxenos e horario de servizo) á dirección de correo electrónico me.mendez@naron.gal ou chamando por teléfono -de 8.30 a 14.30 horas- ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1204).

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal