Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN CURUXA PROGRAMAN UNHA LIMPEZA NO RÍO FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA AUGA
O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, presentou hoxe a iniciativa xunto con Borja Díaz e Carolina Sanmartín, presidente e vicepresidenta da citada entidade
Narón, 17 de marzo de 2025. Coincidindo co Día Mundial da auga, este sábado levarase a cabo na cidade unha limpeza dun tramo do río Freixeiro. O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o presidente e a vicepresidenta da Asociación Curuxa, Borja Díaz e Carolina Sanmartín, presentaron este mediodía a iniciativa no Concello, indicando que as persoas interesadas en participar pódense anotar –ata este venres- a través do número de teléfono 627 396 653. A convocatoria desenvolverase con persoal voluntario e o Concello aportará o material preciso. O punto de encontro será ás 10:00 horas no parque de Freixeiro, nas inmediacións da rotonda de Freixeiro, e a previsión é rematar a convocatoria ás 14:00 horas. Neste período os participantes retirarán restos do cauce fluvial de Freixeiro, dende a rotonda ata as inmediacións do muíño das Aceas, unha zona sobre a que xa se actuou con anterioridade pero na que, tal e como indicou o presidente de Curuxa, tras unhas inspeccións realizadas por outro labor, se comprobou que aínda quedan moitos restos. A entidade anuncia que continuará promovendo máis actividades na mesma liña, dirixidas a colectivos específicos como escolares ou persoas maiores. Así mesmo, destacou a colaboración de proxecto Amarte, unha iniciativa con selo naronés que se encarga de sensibilizar á cidadanía a través da arte e que estará este sábado realizando fotografías das labores de limpeza. O edil de Medio Ambiente destacou o éxito que tivo a iniciativa o pasado ano, “cando se retiraron máis de cincocentos quilos de diferentes residuos e materiais do cauce fluvial”. Ramos e Díaz realizaron un chamamento á cidadanía para que este sábado se sumen a esta acción medioambiental “co fin de mellorar a situación actual do cauce”. Así mesmo, o edil naronés, apelou unha vez máis á concienciación cidadá “para coidar e respectar o medio ambiente, evitando certas condutas incívicas que teñen graves consecuencias”.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal