Segundo o Anexo VIII do prego de cláusulas administrativas particulares, a mesa de contratación está integrada por:
Presidente: D. José M. Blanco Suárez, Alcalde
Vogais:
D. Alfonso de Prado Fernández-Canteli, Secretario Xeral
Dna. María del Pilar Canzobre Méndez, Interventora Xeral
D. Rafael Flores Veiga, Xefe do Servizo de Deportes
D. Román Romero Blanco, Concelleiro delegado de Deportes
Secretario: Ignacio Mazaira Garro, Xefe da Sección de Contratación
En relación a licitación que nos ocupa debemos aclarar, que segundo os datos facilitados pola empresa que actualmente presta o servizo, a categoría do persoal a subrogar é a de LIMPADOR/A.
O vindeiro luns, día 21 de novembro de 2016 ás 13:15 horas reunirase en sesión pública a Mesa de Contratación para dar conta da documentación administrativa contida no sobre A e apertura do sobre B: documentación técnica para a valoración dos criterios de adxudicación que dependan dun xuízo de valor, no segundo andar da Casa do Concello.
O vindeiro mércores, día 7 de decembro de 2016 ás 12:30 horas reunirase en sesión pública a Mesa de Contratación para dar conta do informe técnico de valoración dos criterios de adxudicación que dependan dun xuízo de valor e apertura do sobre C: Proposición económica.
DATA DE ADXUDICACIÓN: 16/02/2017
ADXUDICATARIO: LIMANFER SL
IMPORTE DE ADXUDICACIÓN: 13,95 euros/hora máis 2,93 euros/ de IVE o que fai un total de 16,88 euros/hora
FORMALIZACIÓN DO CONTRATO: 17/02/2017