De conformidade co establecido no artigo 20.1.9º da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido, o presuposto do contrato estará exento de IVE.
NOTA ACLARATORIA:
Detectado un erro material no prazo de duración do contrato especificado no punto 6 da Portada do prego de cláusulas administrativas que rexe esta licitación, debemos aclarar que donde di "35 horas a desenvolver durante a anualidade 2017" non se refiren a horas anuais senon a horas para unha das edicións, polo que o número total de horas anuais sería de 70. O memso ocorre para a anualidade de 2018.
De igual xeito, debemos aclarar que os periodos de execución a ter en conta para as edicións 3 e 4 son os especificados no cadro que figura no punto 1 (Obxecto) do prego de prescricións técnicas.
Solicitada información por parte dun licitador, debemos aclarar as seguintes cuestións:
En relación á vixencia da norma UNE 58451 do 2014 tralo cambio de versión no ano 2016: A norma 58451 sigue en vigor, tralo cambio de versión o 28/09/2016. O solicitado na licitación é que se dispoña dun certificado acreditativo en vigor, sendo a versión a do ano 2014 ou posterior.
En canto á posibilidade da falta de asistencia do alumnado recollida nos pregos en relación ás esixencias da norma UNE: A norma UNE establece que a asistencia será do 100% das 14 horas mínimas establecidas. No caso desta licitación, nos establecemos un número maior de horas de formación, 35 en total, e esiximos que asista ao 75% desas 35 horas para poder recibir o diploma, polo tanto, cúmprese con moito o requisito mínimo da norma.
En canto ao número diario de horario de mañá ao que está suxeita a formación: As horas diarias de formación serán de 09:00 a 14:00 horas (5 horas ao día).
En relación aos temas de igualdade e medio ambiente e a súa inclusión nos sobres B ou C que deben presentar as empresas, debemos aclarar que, cando se refire á formación da persoa docente, no apartado do perfil, ten que ir incluída no sobre C xunto coa oferta económica e as melloras. E por outra banda, se falamos de elementos de intervención en perspectiva de xénero, medioambiente e plataforma de teleformación, ten que ir recollido no proxecto incluído no sobre B, para poder valorar a congruencia do mesmo.
Cando no 6.2 do prego de prescricións técnicas se dispón que “só se terá en conta a acreditación presentada que se refira aos últimos 5 anos, en canto á experiencia profesional vinculada ás accións formativas, a experiencia profesional como docente da especialidade, e a formación académica e complementaria relacionada coa acción formativa”, débese entender que tanto a formación como a experiencia anterior a eses últimos cinco anos non será puntuada.
En relación ao número e tipoloxía exacta de maquinaria tanto para Carretilla como para Plataforma Elevadora a utilizar en cada acción formativa, o número e tipoloxía exacta de maquinaria é a que establece a norma UNE 58451:2016, en canto a Carretillas e a norma UNE 58923:2014 para Plataformas Elevadoras.
DATA DA ADXUDICACIÓN: 26/04/2017
ADXUDICATARIO: Gestión Plus SLU
IMPORTE DE ADXUDICACIÓN: 105,00 euros/hora
FORMALIZACIÓN DO CONTRATO: 10/05/2017