Documentación a entregar:
- Modelo de declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para contratar establecidas no artigo 60 do texto refundido da Lei de contratos do sector público
- Compromiso de adscrición ao contrato de maquinaria y elementos auxiliares así como equipo humano que destinará a execución destes traballos.
- Oferta de prezos unitarios que non poderán superar os contemplados no anexo I.
Considéranse incluídos no cadro de prezos os gastos de traballo e realización de distinta orixe, tales como transporte, seguros, gastos específicos, estrutura, licitación e formalización de contratos, e en xeral todo tipo de imposición e repercusión derivada da asistencia, incluíndo calquera taxa que haxa que pagar á Administración para a execución dos traballos. (O Imposto sobre o Valor Engadido reflectirase por separado).
O cadro de prezos que se presente na oferta, contemplará todos e cada un dos conceptos necesarios para cumprimentar tanto o fornezo de material e para instalación de calquera tipo de elemento de sinalización vial ou sinal vertical.
Características técnicas dos materiais ofertados, debidamente documentados, aportando Certificados de Calidade e Homologación.
Modo de execución do contrato:
O prazo de execución de cada orde establecerase en función do tipo de traballo que contén e da cantidade de unidades a executar. Para o seu cálculo, o Servizo Municipal terá en conta os rendementos de aplicación das unidades en cuestión.
De todos os xeitos establécese como tempos mínimos de instalación, aplicación e subministración os seguintes:
Moi Urxente:A executar no prazo máximo de 24 horas.
Urxente: A executar nun prazo máximo de 2 días.
Necesario: A executar nun prazo máximo de 7 días.
Normal: A executar no prazo máximo de 15 días.
Unha vez realizado o servizo, solicitarase o conforme do Servizo de Tráfico, que o farán constar na Orde de Traballo, xunto coa data, marcando o inicio do prazo de recepción provisional.
O Contratista, vén obrigado á entrega mensual de relación dos traballos efectuados na que se farán constar:
Data de execución, lugar da execución, tipo de Traballo, elementos utilizados, dimensións dos elementos realizados e certificados de calidade que posúan os produtos e certificado conforme a instalación e/ou aplicación dos materiais realizouse segundo o establecido na ficha técnica do produto empregado.
PERÍODO DE EXECUCIÓN ATA O 31 DE DECEMBRO DE 2013
ADXUDICATARIO: MANTENIMIIENTO OBRAS PORTUARIAS S.L.
IMPORTE ADXUDICACIÓN: 21.000,00 EUROS
DATA ADXUDICACIÓN: 17/06/2013