Revolución industrial
O vello rigor das freguesías é recuperado a mediados do século XVIII, tras douscentos anos de decadencia, de maneira que a comarca acada un activo papel económico e cultural que será pioneiro en Galicia. Outro factor importante que fai prosperar as nosas terras é a creación en varias freguesías dunha rede de complexos fabrís industriais. Con elas obtíñanse diferentes fariñas, tratadas en muíños que aínda hoxe conservamos e que configuran a paisaxe dun inmobiliario arqueolóxico e industrial valoradísimo nos nosos días.